Categorías
Uncategorized

NGC 6559: ao leste da Lagoa

Crédito da imaxe e Copyright:Roberto Sartori

Explicación: despraza o teu telescopio un chisco cara o leste da Nebulosa da Lago para atopar este extraordinario campo cheo de estrelas na constelación de Saxitario, cara o centro da Vía Láctea. Por suposto a nebulosa da Lagoa é tamén coñecida como M8, o oitavo obxecto listado no famoso catálogo de Charles Messier das nebulosas e cúmulos máis brillantes. Preto no ceo pero máis feble que M8, este complexo de nebulosas quedou fora da lista de Messier. Contén po escuro, emisión vermella e reflexións de cor azul da rexión de formación estelar NGC 6559 á dereita. Ao igual que M8, NGC 6559 atópase a uns 5 000 anos luz de distancia ao longo do borde da gran nube molecular. A esa distancia, esta vista telescópica abrangue case 3 lúas cheas no ceo e abrangue case 130 anos luz.