Categorías
Uncategorized

M43: correntes en Orión

Crédito da imaxe e Copyright: Jari Saukkonen

Explicación: onde se orixinan as correntes de po escuras na Nebulosa de Orión? Esta parte do Complexo da Nube Molecular de Orión, M43, é moi comunmente fotografada pero rara vez mencionada comparada coa máis famosa M42 que é vista aquí en parte arriba á dereita e inclúe moitas estrelas brillantes do cúmulo do Trapecio. A propia M43 é unha rexión de formación estelar que amosa complexas correntes de po escuro, aínda que na realidade compóñense maioritariamente de hidróxeno brillante. O campo enteiro de Orión atópase a uns 1 600 anos luz, e aínda que opaca á luz visible, iste po escuro tan pintoresco créase na atmosfera máis externa de estrelas frías masivas e é expulsado polos fortes ventos de protóns e electróns.