Categorías
Uncategorized

Amencer no Polo Sur

Crédito da imaxe e copyright: Martin Wolf (U. Wisconsin), IceCube Neutrino Obs.NSFhtAlice Allen

Explicación: o amencer no Polo Sur é diferente. Unha vista que despide meses de escuridade e dálle a benvida a meses de sol. Nos polos da Terra o Sol tarda semanas en erguerse en contraste cos minutos que precisa en calquera localización nunha latitude media. O amencer nun polo é causado pola inclinación do eixo da Terra mentres orbita o Sol, e non pola súa rotación. Nunha Terra sen atmosfera, nos polos o Sol veríase por primeira vez xusto no equinoccio, pero debido ao efecto de lente da atmosfera terrestre e o tamaño do disco solar a parte superior do Sol é visible dúas semanas antes. Fotografado aquí fai dúas semanas, o Sol aparece sobre o horizonte deste vasto paisaxe xeado do Polo Sur terrestre. O verdadeiro Polo Sur está só a uns poucos metros cara a esquerda da torre de comunicacións. Este amencer polar resulta particularmente fotoxénico ao aparecer acompañado dun flash verde.