Categorías
Uncategorized

O principo holográfico e unha teteira

Créditos da imaxe: Caltech

Explicación: Seguramente podes ver o rectángulo 2D de cores, pero podes ver máis aló? Contando os parches de color na imaxe destacada, podes estimar que a meirando parte de información nesta image dixital en 2D é de duns 60 (horizontal) x 50(vertical) x 256 (cores posibles) = 768.000 bits. Non obstante, o todavía non probado Principio Holográfico indica que, contraintuitivamente, a información nun panel 2D pode incluir toda a información nunha sala 3D que poida ser encerrada no panel. O principio derívase da idea de que a lonxitude de Planck, a escala de lonxitude onde a mecánica cuántica comeza a dominar á gravidade clásica, é o lado dunha área que pode conter só un bit de información. O límite postulouno por primeira vez o físico Gerard ‘t Hooft en 1993. Pode xurdir a partir de xereralizacións de especulacións distantes en apariencia de que a información contida nun buraco negro non está determinada polo seu volume encerrado senón pola área da superfice do seu horizonte de eventos. O termo “holográfico” provén dunha analoxía de holograma onde se crean imaxes 3D proxentando luz a través dunha pantalla plana. Ten precaución, alguhas persoas que miran fixamente a imaxe destacada poden pensar que non codifica só 768.000 bits — nin siquera 2563,000 permutacións de bits  — senon que poderían afirmar que codifica unha teteira tridimensional.