Categorías
Uncategorized

Unha clara e poirenta noite

Créditos da imaxe e Copyright: Rodrigo Guerra

Explicación: Facéndose pasar por unha brillante estrela do solpor, Venus atópase preto do horizonte oriental nesta vista nocturno no hemisferio sur de principios da primaveira. Para crear esta vista composta, tomáronse exposicións que seguen o ceo e exposicións que fixan o primeiro plano o 25 de setembro dende Cascavel, no sur do Brasil. Visto despois do solpor, Venus aparece inmerso nun cono de luz zodiacal, luz solar dispersa polo po ó longo do plano da eclíptica do Sistema Solar. De feito, dende calquera hemisferio do planeta Terra, a luz zodiacal é máis visible tralo solpor preto do equinocio de primaveira (ou antes do mencer preto do equinocio de outono) cando o seu arco luminoso se atopa en ángulos pronunciados cara o horizonte. Extendéndose por riba do solpor nesta noite, a luz zodiacal alcanza ricos campos estelares e inmensas nubes de po interestelar no bulbo da Vía Láctea central. Segue ó longo da Vía Láctea dende o bulbo central de volta ó horizonte e verás o sistema estelar máis próximo ó Sol, Alpha Centauri, a só 4,37 anos luz de distancia.