Categorías
Uncategorized

A Vía Láctea Central dende a Lagoa ata a Tubería

Créditos da imaxe e Copyright: Gabriel Rodrigues Santos

Explicación: As marcas oscuras e as coloridas nubes habitan esta paisaxe estelar. A profunda e expansiva vista espállase máis de 30 lúas cheas a través de campos cheos de estrelas cara o centro da nosa Galaxia Via Láctea. Catalogadas a a principios do século XX polo astrónomo E. E. Barnard, as oscuras nubes de po interestelar vitas cara a dereita inclúen B59, B72, B77 e B78, parte do complexo de nubes moleculares de Ophiuchus a uns 450 anos luz de distancia. A simple vista a súa forma combinada suxire un tramo de tubería e unha cunca, polo que o nome popular da oscura nebulosa é a Nebulosa da Tubería. As tres brillantes nebulosas xuntas na esquerda son garderías estelares a uns 5.000 anos luz de distancia cara a constelación do Setestrelo. No século XVIII o astrónomo Charles Messier incluiu dúas delas no seu catálogo de cúmulos brillantes e nebulosas; M8, a máis grande do triplete e a coloridad M20 xusto enriba. A terceira rexión de emisión prominente inclúe NGC 6559 no extremo esquerdo. Dividia por oscuras liñas de po, M20 coñécese tamén coma a Trífida. O alcume popular de M8 é a Nebulosa da Lagoa.