Categorías
Uncategorized

Desenrolado: cinco décadas dun selfie lunar

Crédito da imaxe: NASAApollo 11Neil Armstrong; Procesado: Michael Ranger

Explicación: aquí está unha das fotos máis famosas da Lúa, pero invertida dixitalmente. O Apolo 11 aterrou na Lúa en 1969 e tomáronse moitas imaxes incluíndo está icónica fotografía de Buzz Aldrin realizada por Neil Armstrong. A imaxe orixinal non só capturaba a magnífica desolación dun mundo descoñecido, se non ao propio Armstrong reflexado no visor curvado de Aldrin. Aquí, é onde xoga o seu papel a moderna tecnoloxía dixital. Na imaxe amosada, a distorsión esférica do casco de Aldrin foi revertida. O resultado é a famosa fotografía, pero agora protagonizada polo propio Armstrong dende a perspectiva de Aldrin. Polo tanto, xa que Armstrong realizou a foto, esta imaxe é de feito un selfie lunar de cinco décadas de antigüidade. O reflexo orixinal no visor amósase á esquerda, mentres a Terra aparece no ceo lunar arriba á dereita. Unha das patas recubertas do módulo lunar Eagle destaca tamén na imaxe. Os preparativos para retornar humanos á Lúa durante os próximos anos inclúen o programa Artemisa, unha colaboración internacional liderada pola NASA.