Categorías
Uncategorized

A burbulla e o cúmulo estelar

Créditos da imaxe e Copyright: Lorand Fenyes

Explicación: A simple vista, esta composición cósmica balancea fermosamente a Nebulosa da Burbulla na dereita co cúmulo estelar aberto M52. Non obstante, a parella non estaría equilibrada a outras escalas. Incrustada nun complexo de po interestelar e gas e arrastada polos ventos dunha únha estrela masiva de tipo O, a Nebulosa da Burbulla, tamén coñecida coma NGC 7635, ten apenas uns 10 anos luz de anchura. Por outro lado, M52 é un rico cúmulo aberto dunhas mil estrelas. O cúmulo ten uns 25 anos luz de anchura. Visto cara o borde norte de Cassiopeia, as estimacións da distancia á Nebulosa da Burbulla e ó complexo de nubes asociado son duns 11.000 anos luz, mentras que o cúmulo aberto M52 atópase a case 5.000 anos luz de distancia. O amplo campo de vista telescópico espállase uns 1.5 grados no ceo ou tres veces o tamaño aparente dunha Lúa chea.