Categorías
Uncategorized

Os aneis e as estacións de Saturno

Créditos da imaxe e CopyrightDamian Peach/SEN

Explicación: En Saturno, os aneis fálanche a cerca das estacións. Na Terra, o mércores marca o equinocio, o momento no que o ecuador da Terra inclínase directemente cara o Sol. Posto que os grandes aneis de Saturno orbitan ó longo do ecuador do planeta, estes aneis semellan máis promienentes — dende o punto de vista do Sol — cando o eixo de xiro de Saturno apunta cara o Sol. Á inversa, cando o eixo de xiro de Saturno apunta cara o lado, un equinocio acontece e os aneis de canto son difíciles de ver non só dende o Sol senón deden a Terra. Na montaxe destacada, imaxes de Saturno entre os anos 2004 e 20015 superpuxéronse para amosar ó planeta xigante pasando dende o verán meridional cara o verán setentrional. Saturno estivo o máis preto posible do planeta Terra o mes pasado, e este mes o xigante con aneis está aínda brillante e visible durante a meirande parte da noite.