Categorías
Uncategorized

A Galaxia de Rubin

Créditos da imaxe: NASAESAB. Holwerda (University of Louisville)

Explicación: Nesta imaxe do Telescopio Espacial Hubble, as estrelas brillantes e picudas atópanse no primerio plano cara a heroica constelación austral de Perseo e ben no interior da nosa propia galaxia Vía Láctea. Máis aló, ben nítida, atópase UGC 2885, una galaxia espiral xigante a uns 232 millóns de anos luz de distancia. Cuns 800.000 anos luz de diámetro, comparado cos 100.000 anos luz aproximadamente de diámetro da Vía Láctea, ten aproximadamente un trillón de estrelas. Iso son 10 veces as estrelas da Vía Láctea. Parte dunha investigación para entender como as galaxias poden crecer ata esos enormes tamaños, UGC 2885 tamén foi parte dunha interesante viaxe e do estudo pioneiro da astrónoma Vera Ruben da rotación das galaxias espirais. O seu traballo foi o primero que demostrou convincentemente a presencia dominante da materia escura no noso Universo.