Categorías
Uncategorized

Norteamérica e o Pelícano

Crédito da imaxe e Copyright:Andrew Klinger

Explicación: os máis afeccionados ao noso planeta recoñecerán as formas destas nubes cósmicas. Á esquerda, a brillante emisión é subliñada por escuras liñas de po que semellan trazar unha forma continental, dándolle o seu nome popular de Nebulosa de Norteamérica a esta rexión de emisión catalogada como NGC 7000. Á dereita, xusto ao lado da coste leste da Nebulosa de Norteamérica atópase IC 5070, cuxo perfil aviar suxire o seu nome de Nebulosa Pelicano. As dúas brillantes nebulosas atópanse a uns 1 500 anos luz de distancia e forman parte da mesma grande e complexa rexión de formación estelar, case tan preto como a ben coñecida Nebulosa de Orión. A esa distancia, os 3 graos que abrangue o campo de visión supoñen uns 80 anos luz. Este retrato cósmico emprega imaxes de banda estreita combinadas para resaltar as brillantes frontes de ionización e o brillo característico do hidróxeno atómico, o xofre e o osíxeno. Estas nebulosas poden verse con prismáticos dende localizacións escuras, mirando ao nordeste dende a brillante estrela Deneb da constelación do Cisne.