Categorías
Uncategorized

Percorrido dos ciclóns na Terra

Crédito da imaxe: National Hurricane CenterNOAANASAProcesado: Nilfanion (via Wikipedia)

Explicación: a onde van os ciclóns? Coñecidos como furacáns cando suceden no Océano Atlántico e tifóns cando suceden no Pacífico, o mapa amosa o percorrido das maiores tormentas dende 1985 ata 2005. O mapa amosa graficamente como os ciclóns xorden sobre a auga, o cal ten sentido xa que a evaporación de auga morna proporciónalles enerxía. O mapa tamén amosa que os ciclóns nunca atravesan e raramente chegan ao ecuador terrestre, xa que o efecto Coriolis é cero alí e os ciclóns precisan da forza de Coriolis para circular. A forza de Coriolis tamén causa que os percorridos dos ciclóns sempre se afastan do ecuador seguindo un arco. Aínda que a tendencia a longo prazo aínda son un tema de investigación, os indicios apuntan a que os furacáns fixéronse en promedio máis poderosos no Atlántico Norte durante os últimos 30 anos, e que a súa potencia prevese que aumente.

Categorías
Uncategorized

Panorama 360 graos de Marte por Curiosity

Crédito da imaxe: NASAJPL-CaltechMSSSProcesado e LicenciaElisabetta Bonora e Marco Faccin (aliveuniverse.today)

Explicación: que camiño seguir ata o Monte Sharp? A comezos de setembro, o rover robotizado Curiosity continuou o seu ascenso cara o pico central do cráter Gale na busca de máis indicios sobre a presencia de auga e a proba de que Marte puido ser capaz de soportar vida. Nesta recente mañá marciana, antes dunha operación de perforación, o rover realizou esta imaxe panorámica de 360 graos, en parte para axudar ao equipo humano de Curiosity na Terra a avaliar a accesibilidade do terreo e planear futuras rutas. Na imaxe horizontalmente comprimida amósase unha impresionante vista de Marte incluíndo os outeiros estratificados, o terreo de rochas vermellas, a area gris á deriva e a atmosfera poeirenta. O outeiro xusto á esquerda do centro foi alcumada Maria Gordon en honor á famosa xeóloga escocesa. O plan actual é dirixir a Curiosity para achegarse, estudar a pasar xusto á dereita do chanzo Gordon na súa travesía de exploración.