Categorías
Uncategorized

Unha aurora espiral sobre Islandia

Créditos da imaxe e Copyright: Davide Necchi

Explicación: Qué lle aconteceu ó ceo? Aurora! Capturada en 2015, esta aurora notada polos islandeses polo seu gran brillo e o seu rápido desenrolo. A aurora resultou dunha tormenta solar, con partículas de alta enerxía que estouraron dende o Sol e a través dunha fenda na magnetosfera protectora da Terra uns días despois. Aínda que se pode discernir un patrón espiral, os creativos-humanos poden imaxinar o complexo resplandor coma unha aparición atmosférica de calquera número de-iconos-comúns. No primeiro plano da imaxe destacada atópase o río Ölfusá mentras que as luces iluminan unha ponte na cidade de Selfoss. Máis aló das nubes baixas atópase a Lúa case chea. A vivacidade do Sol — e probablemente as auroras resultantes na Terra — está incrementándose lentamente a medida que o Sol sae dun mínimo solar, un periodo históricamente tranquilo no seu ciclo de 11 anos.