Categorías
Uncategorized

Saturno pola Noite

Créditos da imaxe: NASAJPL-CaltechSpace Science InstituteMindaugas Macijauskas

Explicación: Aínda brillante nos ceos nocturnos do planeta Terra, as boas vistas telescópicas de Saturno e os seus fermosos aneis soen facelo a estrela nas reunións estelares. Pero esta impresionante vista dos aneis de Saturno e o lado nocturno simplemente non é posible dende os telescopios máis achegados ó Sol que ó planeta exterior. Eles só poden ofrecer unha vista do día de Saturno. De feito, esta imaxe da esbelta media lúa crecente iluminada pola luz solar coa sombra da noite proxectada ó través do seu amplo e complexo sistema de aneis capturouna a sonda Cassini. Cassini, unha nave espacial robótica procedente do planeta Terra, permaneceu na órbita de Saturno durante 13 anos antes de que fose dirixida a sumerxirse na atmósfera do xigante gaseoso o 15 de setembro de 2017. Este magnífico mosaico compóñeno fotogramas grabados pola cámara gran angular do Cassini só dous días antes da súa gran inmersión final. A noite de Saturno non se volverá a ver outra vez ata que a chame outra sonda dende a Terra.