Categorías
Uncategorized

O cometa Rosetta á vista

Créditos da imaxe e CopyrightRolando Ligustri (CARA ProjectCAST)

Explicación: O feble cometa Churyumov-Gerasimenko (67P) pasa máis aló das estrelas de fondo na constelación de Tauro e das galaxias febles e lonxanas neste marco telescópico do 7 de setembro. Fai uns 5 anos, este cometa de 4 quilómetros, con núcleo de doble lóbulo, converteuse no destino de descanso final dos robots enviados dende o planeta Terra, tras completarse a histórica misión Rosetta ó cometa. Despois de vagar máis alá da órbita de Xúpiter, Churyumov-Gerasimenko está agora retornando ó longo da súa órbita periódica de 6.4 anos cara o seu próximo perihelio ou máxima aproximación ó Sol, o 2 de novembro. O 12 de novembro, no perixeo do cometa, a súa distancia máis próxima á Terra, situarao dentro dunhas 0.42 unidades astronómicas. Os telescopios deberían aínda necesitarse para velo incluso no seu brillo máximo, previsto para fináis de novembro e decembro. O 7 de setembro, o cometa Rosetta atopábase a unhas 0.65 unidades astronómicas ou 5.4 minutos luz de distancia dende o noso fermoso planeta.