Categorías
Uncategorized

O ceo profundo cara Andrómeda

Crédito da imaxe e LicenseStefan Ziegenbalg

Explicación: que rodea á galaxia de Andrómeda? Andrómeda (M31) atópase rodeada de preto por numerosas galaxias satélite e ademais forma parte do Grupo Local de Galaxias onde tamén está a Vía Láctea. Pero no ceo, as nubes de gas da nosa galaxia semellan rodear a M31 de xeito parecido a como as nubes de vapor de auga da atmosfera da Terra semellan rodear á nosa Lúa. Con todo, as nubes de gas que hai cara Andrómeda apenas son visibles. Bótalle unha ollada a esta alongada imaxe de 45 graos, unha das imaxes más profundas xamais feitas da extensa rexión de Andrómeda. Esta imaxe, sensible especificamente á luz emitida polo hidróxeno atómico, amosa estas febles e descoñecidas nubes con gran detalle. Pero esta imaxe captura aínda máis, na parte superior atópase a galaxia do Triángulo (M33), a terceira maior galaxia do Grupo Local e o obxecto máis afastado que pode verse ao ollo nu. Debaixo de M33 está a brillante estrela da Vía Láctea Mirach. A imaxe é unha acumulación dixital de varias exposición realizadas entre 2018 e 2021 dende Pulsnitz, Alemaña.