Categorías
Uncategorized

A Terra e a Lúa

Créditos da imaxe: NASAJPLGalileo ProjectProcesado e Licenza: Gordan Ugarkovic

Explicación: A Terra e a Lúa rara vez son fotografadas xuntas. Unha das veces máis espectaculares que ocorreu isto foi fai uns 30 anos cando a sonda Galileo con destino a Xúpiter pasou a gran velocidade polo noso sistema planetario. Logon, o robótico Galileo ollou dende aproximadamente 15 veces a separaración Terra-Lúa coma ó noso único satélite natural se desprazaba máis aló do noso fogar. O video destacado combina 52 imaxes históricas en cor mellorado. A pesares de que a nosa Lúa pode semellar pequena ó carón da Terra, ningún outro planeta no noso Sistema Solar ten un satélite tan comparable en tamaño. O Sol, moi lónxe á dereita, iluminou aproximadamente a metade de cada esfera, e amosa as nubes blancas, os océaanos azúis e os continentes iluminados da Terra a xirar.