Categorías
Uncategorized

Unha nebulosa Falcon 9

Créditos da imaxe & CopyrightDennis Huff

ExEplicación: Non é a última vista do Telescopio Espacial Hubble dunha distante nebulosa galáctica,esta nube iluminada de gas e pó deslumbrou aos observadores da costa espacial á primera hora da mañá do 29 de agosto. A instantánea tomouse ás 3:17am dende o Space View Park en Titusville, Florida. Oconteceu uns 3 minutos despois do lanzamento do Falcon 9 de SpaceXX na misión CRS-23 para reabastecer a Estación Espacial Internacional. Captura as columnas á deriva e os gases de escape da primeira e segunda etapas do foguete que se elevan a través dos escuros ceos. O punto brillante da parte inferior é a segunda etapa que continúa na órbita baixa da Terra. O punto superior é a primeria etapa do foguete realizando un acendido de retroceso. Por suposto, o impulsor da primeira etapa retornou para facer a primeira aterraxe no último barco-dron autónomo chegado ó Atlático, A Short Fall of Gravitas.