Categorías
Uncategorized

Fantasmas danzantes: chorros curvos dende galaxias activas

Créditos da imaxeJayanne English & Ray NorrisEMU-ASKAPDESTexto: Jayanne English (U. Manitoba)

Explicación: Porqué emitirían as galaxias chorros que semellen fantasmas? E ademáis, porqué semellan estar bailando? Os rizados e esponxosos chorros dos buracos negros supermasivos nos centros de dúas galaxias anfitrionas (arriba ó centro e abaixo á esquerda) non se asemellan a nada visto antes. Atopáronos astrónomos empregando o radiotelescopio Australian Square Kilometer Array Pathfinder (ASKAP) cando estaban a crear mapas para trazar a evolución das galaxias. As imaxes previas a este Mapa Evolutivo do Universo só amosaban manchas amorfas. Co paso do tempo, as comparacións das cantidades relativas de enerxía emitida revelaron que as estructuras alongadas e brillantes foro creadas por electróns fluíndo ó redor das liñas de campo magnético. A superposición dos datos de radio sobre una vista óptica do ceo (Dark Energy Survey) confirmou que os fluxos de electróns orixinábanse nos centros das galaxias activas. Normalmente estos Núcloeso galácticos activos (AGN) producen chorros rectilíneos. Unha das principais hipóteses para a orixe xeométrica destas fromas insualmente elegantes ten que ver co fluxo dos ventos intergalácticos de gran escala.

Astrofísicos: Búsqueda de máis de 2.500 códigos na Astrophysics Source Code Library (Biblioteca Astrofísica de Código Aberto)