Categorías
Uncategorized

Desenrolado: cinco décadas dun selfie lunar

Crédito da imaxe: NASAApollo 11Neil Armstrong; Procesado: Michael Ranger

Explicación: aquí está unha das fotos máis famosas da Lúa, pero invertida dixitalmente. O Apolo 11 aterrou na Lúa en 1969 e tomáronse moitas imaxes incluíndo está icónica fotografía de Buzz Aldrin realizada por Neil Armstrong. A imaxe orixinal non só capturaba a magnífica desolación dun mundo descoñecido, se non ao propio Armstrong reflexado no visor curvado de Aldrin. Aquí, é onde xoga o seu papel a moderna tecnoloxía dixital. Na imaxe amosada, a distorsión esférica do casco de Aldrin foi revertida. O resultado é a famosa fotografía, pero agora protagonizada polo propio Armstrong dende a perspectiva de Aldrin. Polo tanto, xa que Armstrong realizou a foto, esta imaxe é de feito un selfie lunar de cinco décadas de antigüidade. O reflexo orixinal no visor amósase á esquerda, mentres a Terra aparece no ceo lunar arriba á dereita. Unha das patas recubertas do módulo lunar Eagle destaca tamén na imaxe. Os preparativos para retornar humanos á Lúa durante os próximos anos inclúen o programa Artemisa, unha colaboración internacional liderada pola NASA.

Categorías
Uncategorized

A Nebulosa do Cadrado Vermello

Créditos da imaxe e Copyright: Peter Tuthill (Sydney U.) e James Lloyd (Cornell U.)

Explicación: Cómo fixo unha estrela redonda para crear esta nebulosa cadrada? Ninguén está certo. A estrela redonda, coñecida coma MWC 922 e posiblemente parte dun sistema de estrelas múltiple, aparece no centro da Nebulosa Cadrada Vermella. A imaxe destacada combina exposicións infravermellas do  Telescopio Hale no Monte Palomar en California e do Telescopio Keck-2 en Mauna Kea en Hawaii. Unha das principais hipóteses da orixe da nebulosa cadrada é que a estrela ou estrelas centrais expulsaron conos de gas durante a última parte da fase de desenrolo. No caso de MWC 922, estes conos semellan incorporar ángulos case rectos e visibles dende os lados. Entre as evidencias que dan soporte á hipótese dos conos inclúense os picos radiais da imaxe que poderían recorrer as paredes dos cones. Os investigadores especula que os conos vistos dende outro ángulo poderían ser similares ós aneis xigantes da supernova 1987A, o que posiblemente indicaría que a estrela en MWC 922 podería explotar nunha supernova similar algún día.

Categorías
Uncategorized

A burbulla e o cúmulo estelar

Créditos da imaxe e Copyright: Lorand Fenyes

Explicación: A simple vista, esta composición cósmica balancea fermosamente a Nebulosa da Burbulla na dereita co cúmulo estelar aberto M52. Non obstante, a parella non estaría equilibrada a outras escalas. Incrustada nun complexo de po interestelar e gas e arrastada polos ventos dunha únha estrela masiva de tipo O, a Nebulosa da Burbulla, tamén coñecida coma NGC 7635, ten apenas uns 10 anos luz de anchura. Por outro lado, M52 é un rico cúmulo aberto dunhas mil estrelas. O cúmulo ten uns 25 anos luz de anchura. Visto cara o borde norte de Cassiopeia, as estimacións da distancia á Nebulosa da Burbulla e ó complexo de nubes asociado son duns 11.000 anos luz, mentras que o cúmulo aberto M52 atópase a case 5.000 anos luz de distancia. O amplo campo de vista telescópico espállase uns 1.5 grados no ceo ou tres veces o tamaño aparente dunha Lúa chea.

Categorías
Uncategorized

Estalido de perseidas en Westmeath Lookout

Créditos da imaxe e Copyright: Pierre Martin

Explicacion: Este ano un estourido de meteoros das Perseidas sorprendeu ós olladores do ceo. O máximo da fiable chuvia de meteoros predíxose para a noite do 12 ó 13 de agosto. Pero os persistentes observadores visuais de Norteamérica víronse anegados cun sorprendente estalido da chuvia de Perseidas un día despois, con informes de múltiples meteoros por minuto e algunhas veces por segundo nas primeiras horas do 14 de agosto. O radiante da chuvia está no alto dun escuro ceo nocturno nesta imaxe composta. Rexistra minuciosamente as trazas de 282 Perseidas capturadas durante o impresionante estalido de actividade entre as 06:50 UT (02:50am EDT) e as 09:00 UT (05:00am EDT) do 14 de agosto dende Westmeath Lookout, Ontario. Por suposto, a chuvia anual de meteoros asociase co paso do planeta Terra a través dos restos de po do cometa periódico 109P/Swift-Tuttle. O estadlido de 2021 podería causarse por un encontro imprevisto do Filamento das Perseidas, unha cinta de po máis densa no interior da zona de refugallos máis extensa.

Categorías
Uncategorized

Lúa de colleita

Crédito da imaxe e Copyright:Mike Cohea

Explicación: famosa por festivais, historias e cancións, a lúa chea máis coñecida posiblemente sexa a Lúa de colleita (Harvest Moon). No hemisferio norte este é o nome tradicional para a Lúa chea máis próxima ao equinoccio de setembro. Vista dende Saunderstown, Rhode Island, planeta Terra, esta Lúa de colleita deixa un ancho ronsel de tons cálidos ao elevarse no luscofusco sobre a ponte de Newport. O 20 de setembro a Lúa foi fotografada nunha única exposición de 22 minutos usando un filtro denso e unha cámara dixital. Só dous días máis tarde en setembro o equinoccio marcou o cambio de estación e o comezo do outono no hemisferio norte. De feito, sendo unha estación o tempo entre o solsticio e o equinoccio, esta Lúa de colleita foi a cuarta lúa chea da estación, xusto despois do final astronómico do verán no hemisferio norte.