Categorías
Uncategorized

Neptuno crecente e Tritón

Créditos da imaxe: NASAVoyager 2

Explicación: Desprazándose silandeiro a través do Sistema Solar exterior, a cámara da sonda espacial Voyager 2 capturou a Neptuno e a Tritón xuntos en fase crecente. A elegante imaxe do planeta xigante gaseoso e a súa nubrada lúa tomouse dende detrás xusto despois da súa aproximación máis cercana en 1989. Non podería ser feita dende a Terra posto que Neptuno nunca amosa a fase crecente á Terra cara o Sol. O inusual punto de vista tamén priva a Neptuno do seu familiar tono azul, xa que a luz solar vista dende aquí dispérsase cara adiante e polo tanto averméllase coma na posta de SolNeptuno é máis pequeno pero máis masivo que Urano, ten verios aneis escuros e emite máis luz da que recibe dende o Sol.