
Explicación: Onde comeza o espazo? Para propósitos de vos espaciais alguén podería dicir que na liña Karman, actualmente definida coma unha altitude de 100 quilómetros (60 millas). Outros ubicarían unha liña a 80 quilómetros (50 millas) sobre o nivel medio do mar da Terra. Pero non existe un límite físico nítido que marque o fin da atmósfera e o comezo do espazo. De feito, a liña Karman en sí mesma está preto da transición entra a parte alta da mesosfera e a baixa da termosfera. A brillante noite ou nubes noctilucentes son aparicións de verán en altas latitudes formadas a altitudes preto da parte superior da mesosfera, a uns 80 quilómetros ou máis, tamén coñecidas coma nubes mesosféricas polares. As banda de auroras boreais (e austrais) orixinadas por partículas enerxéticas qu excitan átomos na termosfera poden exterderse dende os 80 quilómetros ata máis de 600 quilómetros de altitude. Realizadas dende a cabina mentras se voaba a unha altitude de 10 quilómetros (33.000 pes)Taken from a cockpit while flying at an altitude of 10 kilometers (33,000 feet) no reino da da aeronáutica estratosférica, esta instantánea captura tanto as nubes noctilucentes como a aurora boreal baixo un ceo estrelado, mirando cara o horizonte do planeta Terra e o límite do espazo.