Categorías
Uncategorized

Cores: nebulosa fronte ás estrelas

Crédito da imaxe: Robert Vanderbei (Princeton U.)

Explicación: como sería se puideras ver todas as cores do anel por separado? E as estrelas derredor? Hai tecnoloxía para facelo. A imaxe amosa a Nebulosa do Anel (M57) e as estrelas cercanas a través de dita tecnoloxía, neste caso, unha rede de difracción prismática. A Nebulosa do Anel só é visible unhas poucas veces por que emite luz principalmente nunhas poucas cores. As dúas cores máis brillantes emitidas son o vermello (hidróxeno) e azul (osíxeno), que aparecen case solapándose á esquerda do centro da imaxe. A imaxe xusto á dereita do centro é a combinación de cores normalmente vista. A estrelas, pola contra, emiten case toda a súa luz en cores de todo o espectro visible. Estas cores, combinadas, forman un trazo continuo, por iso as estrelas aparecen acompañadas dunha barra multicor. Dividir a luz dos obxectos en cores é científicamente moi útil por que pode revelar os elementos que compoñen ese obxecto, canto de rápido se move e a que distancia están.