Categorías
Uncategorized

O Casco de Thor

Crédito da imaxe e Copyright: Bernard Miller

Explicación: Thor non só ten o seu propio día (Thursday en inglés), se non tamén un casco nos ceos. Coñecida popularmente como o Casco de Thor, NGC 2359 é unha nube cósmica con forma de gorro con dous apéndices en forma de alas. Dun inmenso tamaño, incluso para un deus nórdico, o Casco de Thor abrangue uns 30 anos luz. De feito, o cobre cabezas cósmico é maís ben unha burbulla interestelar inflada por un forte vento provinte da brillante e masiva estrela próxima ao centro da burbulla. Coñecida como unha estrela de tipo Wolf-Rayet, a estrela central é unha xigante extremadamente quente que podería atoparse nunha breve etapa de pre-supernova. NGC 2359 atópase a un 15 000 anos luz cara a constelación do Can Maior. Esta imaxe de gran nitidez é unha mestura de datos con filtros de banda ampla e estreita, non só capturando o aspecto natural das estrelas se non tamén detalles das estructuras filamentosas da nebulosa. A estrela no centro do Casco de Thor espérase que estoupe nunha espectacular supernova nalgún momento nos próximos poucos milleiros de anos.