Categorías
Uncategorized

Encadrado polas árbores: unha fiestra á Galaxia

Crédito da imaxe e Copyright: Will Godward

Explicación: o fotógrafo tivo a imaxe na súa mente por un tempo. Sabía que os obxectos xusto na vertical brillan máis xa que a súa luz dispérsase menos a través da atmosfera. Tamén sabía que o núcleo da nosa galaxia, a Vía Láctea, atópase xusto na vertical preto da medianoite nesta época do ano na Australia Meridional. Perseguindo esta imaxe mental, aventurouse nas profundidades do bosque Kuipto onde os altos piñeiros insignes bloquean case todo o ceo, pero non neste claro. Así, a través dunha fiestra de árbores capturou a súa fotografía imaxinada combinando natureza local e distante. En total, fixéronse 16 exposicións das árbores e da Vía Láctea. Antares é a estrela brillante laranxa á esqueda do plano da nosa galaxia, mentres que Alpha Centauri é a estrela brillante xusto á dereita do centro. A dirección cara o núcleo da nosa galaxia atópase xusto debaixo de Antares. Aínda que nunhas poucas horas a rotación da Terra moveu o plano galáctico cara arriba e á esquerda facendoo pronto invisible detrás da madeira, a súa imaxe mental asegurouse para sempre e agora amósase aquí.