Categorías
Uncategorized

A Galaxia Andrómeda en ultravioleta

Créditos da imaxe: NASAJPL-CaltechGALEX

Explicación: Cómo se ve a Galaxia de Andrómeda en luz ultravioleta? Dominan as estrelas xovenes azuis que arrodean o centro galáctico. A só 2.5 millóns de anos luz de distancia, a Galaxia de Andromeda, tamén coñecida coma M31, realmente está á porta do lado en canto a galaxias se refire. Espallándose uns 230.000 anos luz, necesitáronse 11 campos de imaxe diferentes do telescopio espacial da NASA Galaxy Evolution Explorer (GALEX) para producir este magnífico retrato da galaxia esperial en luz ultravioleta in 2003. Mentras os seus brazos espirais destacan nas imaxes de luz visible, os brazos de Andromeda semellan aneis en ultravioleta. Os aneis son lugares dunha intensa formación de estrealas e interpretáronse como a evidencia de que Andrómeda colisionou coa súa veciña galaxia elíptica máis pequena, M32, fai máis de 200 millóns de anos. A Galaxia Andrómeda, e a nosa propia comparable Galaxia Vía Láctea, son os membros máis masivos do Grupo Local de galaxias e prevese que colisionen en varios miles de millóns de anos — quizáis entorno ó tempo que a atmosfera do noso Sol se expanda ata engulir a Terra.