Categorías
Uncategorized

Alphonsus e Arzachel

Créditos da imaxe & CopyrightNoel Donnard

Explicación: Apunta o teu telescopio cara o primeiro cuarto da Lúa esta noite. Ó longo do terminador, a liña de sombra entre a noite e o día, pódese atopar estos dous grandes cráteres que devolven a mirada dun búhoAlphonsus (esquerda) e Arzachel son antigos cráteres de impacto na orilla noreste do Mare Nubium, o Mar das Nubes lunar. O máis grande Alphonsus é de máis de 100 quilómetros de diámetro. Un ángulo do Sol baixo resalta o pico central do cráter, de 1.5 quilómetros de altura, á luz do sol e escuras sombras. Na búsqueda delugares de alunizaxe potencial para o Apollo, a nave espacial Ranger 9 devolveu imaxes en primeiro plano de Alphonsus antes de estrellarse no cráter xusto ó noreste (cara a parte superior esquerda) da súa montaña central en 1965. Alpetragius, entre Alphonsus e Arzachel, é o pequeno crater co chan profundamente ensombrecido e pico central máis grande.