Categorías
Uncategorized

Amor e Guerra no Luar

Créditos da imaxe & CopyrightShi Huan

Explicación: Venus, chamada así polo Deus romano do amor, e Marte, o deus homónimo do amor, únense ámbolos dous ó luar nesta serena vista do ceo, grabada o 11 de xuño dende a provincia de Lualaba, República Democrática do Congo, planeta Terra. Tomada no ceo crepuscular o Oeste pouco despois do solpor a exposición tamén graba o brillo da Terra iluminando a superficie, polo demáis escura, da xoven Lúa crecente. Por suposto, a Lúa moveuse. Venus continúa a brillar no Oeste como a estrela da noitiña, o terceiro obxeto máis brillante no ceo da Terra, detrás do Sol e e a propia Lúa. Visto aquí por riba dun brillante Venus, Marte moveuse aínda máis preto do brillante planeta e o 13 de xullo podía verse a só unha Lúa de ancho de distancia. Marte alonxouse lentamente do moito máis brillante Venus no solpor, pero ambos deslízanse cara a brillante estrela Regulus. A estrela alpha da constelación de Leo, Regululus atópase na parte superior deste marco e anticipa a visita dende Venus e logo de Marte nos ceos do solpor dos vindeiros días.