Categorías
Uncategorized

GW200115: Simulación da fusión dun buraco negro e unha estrela de neutróns

Créditos do vídeo: Simulación: S.V. Chaurasia (Stockholm U.), T. Dietrich (Potsdam U. e MPIGP);
Visualización: T. Dietrich (Potsdam U. e MPIGP), N. FischerS. OssokineH. Pfeiffer (MPIGP)

Explicación: que acontece cando un buraco negro destrúe unha estrela de neutróns? As análises indican que un evento deste tipo produciu o evento de ondas gravitacionais GW200115, detectado en xaneiro de 2020 polos observatorios LIGO e Virgo. Para entender mellor este evento extraordinario, a visualización amosada creouse nunha simulación por ordenador. O vídeo comeza co buraco negro (dunhas 6 masas solares) e a estrela de neutróns (sobre 1.5 masas solares) orbitándose entre elas, emitindo xuntas unha crecente radiación gravitacional.  O patrón pintoresco da emisión de ondas gravitacionais amósase en azul. O dúo móvese en espiral cada vez máis rápido ata que a estrela de neutróns é completamente absorbida polo buraco negro. Como a estrela de neutróns non se destruíu durante a colisión, só un pouco de luz puido escapar, o que coincide ca falla de contrapartida óptica. O buraco negro remanente vibra durante un breve anaco de tempo mentres segue a emisión das ondas gravitacionais. O time-lapse de 30 segundos pode parecer breve, pero o evento na realidade dura unhas 1 000 veces máis.