Categorías
Uncategorized

Xapeto: unha lúa de Saturno en 3D

Crédito da imaxe: NASAESAJPLSSICassini Imaging TeamRenderizado 3D: NASA’s VTAD

Explicación: Que lle acontece á Xapeto, a lúa de Saturno? Grandes rexións deste estraño mundo son marróns escuras mentres que outras son dunha cor branca brillante. A composición do material escuro é descoñecida, pero os espectros infravermellos indican que posiblemente conteña algunha forma escura de carbono. Xapeto tamén ten un curioso cumial ecuatorial que a fai semellante a unha noz. Para entender mellor esta lúa, a NASA dirixiu a sonda robótica Cassini, en órbita ao redor de Saturno, a un sobrevoo de Xapeto a tan só 2 000 quilómetros en 2007.
Xapeto, amósase nesta animación en 3D. O gran cráter de impacto visible na chaira ao sur abrangue 450 quilómetros e superponse a outro cráter máis antigo dun tamaño similar. O material escuro cobre a parte máis ao leste de Xapeto, escurecendo cráteres e chairas. Unha vista máis en detalle amosa que o recubrimento escuro acumúlase no ecuador e ten menos dun metro de espesor. A principal hipótese é que o material escuro é maioritariamente un resto de cando un xeo relativamente morno pero sucio sublimou. O recubrimento inicial de material escuro podería provir de restos de meteoros de outras lúas.