Categorías
Uncategorized

M27: a Nebulosa do Haltera

Crédito da imaxe: Bray Falls e Keith Quattrocchi

Explicación: que acontecerá co noso Sol? A primeira pista do futuro do noso Sol descubriuse en 1764. Naquel momento, Charles Messier recopilaba unha lista dos obxectos difusos para non confundilos con cometas. O obxecto de Messier número 27, agora coñecido como M27, a Nebulosa do Haltera, é unha nebulosa planetaria, unha das máis brillantes do ceo visible con anteollos cara a constelación do Zorro (Vulpecula). A uns 1000 anos luz de distancia, a imaxe amosa as cores emitidas polo hidróxeno e o osíxeno. Agora sabemos que dentro duns 6 000 millóns de anos, o noso Sol desprenderase das súas capas externas formando unha nebulosa planetaria como M27, mentres que o centro convertirase nunha anana branca quente de raios X. Coñecer a física e a importancia de M27 estaba fora do alcance da ciencia do século XVIII. Aínda hoxe en día, moitos misterios rodean as nebulosas planetarias incluíndo como se crean as súas formas tan complexas.