Categorías
Uncategorized

Atopa a Lúa

Créditos da imaxe e Copyright: Jimmy Westlake (Colorado Mountain College)

Explicación: Onde está a Lúa? Nalgures nesta imaxe, a Lúa da Terra está oculta. A Lúa enteira é visible, na súa fase de completamente chea, a simple vista. Nin incluso o bo ollo do fotógrafo puido atopala, a pesares de saber exactamente onde mirar — só a longa exposición da súa cámara captouna — a duras penas. Aínda que agora te estés a felicitar por habela atopado, por qué era tan dificil de ver? Por un lado, esta fotografía fíxose durante o eclipse total lunar, cando a sombra da Terra fixo a Lúa moito máis feble que unha Lúa chea normal. Por outro lado, a imaxe, realizada en ColoradoUSA, tomouse xusto antes do solpor. Coa Lúa exactamente no lado oposto no ceo do Sol, o que significa que o sol está xusto por baixo do horizonte, pero todavía iluminando lixeiramente o ceo. Por último, como a Lúa estaba só 2 grados baixo o horizonte, o gran volume de aire entre a cámara e o horizonte esparexeu moita luz da Lúa de fondo. Doce minutos despois de que se tomase esta imaxe en 2012, o Sol asomouse por riba do horizonte e a Lúa púxose.