Categorías
Uncategorized

Mercurio e o brillo de Da Vinci

Créditos a imaxe e Copyright: Gabriel Funes

Explicación: O 8 de xullo, aqueles que se ergueron cedo viron a Mercurio preto dunha Lúa vella e baixa sobre o horizonte leste. Nesa data, o brillante planeta, o feble brillo do lado lunar nocturno e a lúa crecente iluminada pola luz solar capturáronse neste paisaxe celeste previo ó mencer dende o Parque Nacional do Teide, en Tenerife, nas Illas Canarias. Nunca lonxe do Sol no ceo do planeta Terra, o fugaz planeta interno brilla preto do seu máximo brillo na escea do crepúsculo matutino. Mercurio atópase xusto debaixo da estrela zeta da constelación de Tauro, Zeta Tauri, preto da punta do corno do toro celestial. Por suposto o brillo da Lúa cincenta é o brillo de Terra, a luz da Terra reflectida no lado nocturno da Lúa. Unha descripción da luz terrestre, en termos de luz solar reflexada polos océanos da terra iluminanando a escura superficie da Lúa, escribiuna fai 500 anos Leonardo da Vinci. Agardando pola chegada do mencer, no primeiro plano atópanse os centinelas so Sol do Observatorio do Teide, tamén coñecidos como (grandes cúpulas de esquerda a dereita) telescopios solares THEMISVTT e GREGOR.