Categorías
Uncategorized

M82: Galaxia de explosión estelar cun supervento

Créditos da imaxe e Copyright: Team AROAlentejo Remote Observatory

Explicación: M82 é unha galaxia de explosión estelar cun supervento. De feito, debido ás explosións de supernovas e ós poderosos ventos das estrelas masivas, o estoupido da formación estelar en M82 está provocando un fluxo de saída prodixioso. A evidencia do supervento dende as rexións centrais da galaxia nunha nítida instantánea telescópica. A imaxe composta resalta a emisión de longos filamentos de saída de gas hidróxeno atómico en tonos avermellados. Algúns dos gases no supervento, enriquecidos con elementos pesados forxados nas estrelas masivas, escaparán finalmente cara o espacio intergaláctico. Impulsado por un próximo encontro coa gran galaxia cercana M81, a ráfaga furiosa da formación de estrelas en M82 debería durar uns 100 millóns de anos aproximadamente. Tamén coñecida como a Galaxia do Cigarro pola súa alongada apariencia visual, M82 ten preto de 30.000 anos luz de diámetro. Atópase a 12 millóns de anos luz de distancia, preto do límite norte da Osa Maior.