Categorías
Uncategorized

Perihelio a afelio

Crédito da imaxe e Copyright:Richard Jaworski

Explicación: o 5 de xullo foi o afelio de 2021. Este é o punto no cal a Terra na súa órbita elíptica atópase máis afastada do Sol. Por suposto, a distancia ao Sol non determina as estacións, que están determinadas pola inclinación do eixo de rotación da Terra, polo que xullo todavía é verán no hemisferio norte e inverno no hemisferio sur. Pero esto significa que o 5 de xullo o Sol ten o seu menor tamaño aparente visto dende a Terra. Esta composición amosa a comparación de dúas imaxes do Sol tomadas co mesmo telescopio e a mesma cámara. Na metade esquerda o Sol atópase preto do seu perihelio de 2021 (2 de xaneiro), o seu punto más próximo na órbita da Terra. A imaxa da dereita tomouse xusto antes do afelio de 2021. Noutros momentos algo dificil de distinguir, o cambio do diámetro aparente do Sol entre o perihelio e o afelio é de tan só un 3 por cento.