Crédito do video: NASA, Spitzer Space Telescope, Universe of Learning; Visualización: F. Summers (STScI) et al.;
Música e Licencia: Serenade for Strings (A. Dvořák), Advent Chamber Orch.
Explicación: como sería voar polo interior da Nebulosa de Orión? Esta abraiante visualización dinámica da Nebulosa de Orión basease en datos astronómicos reais adaptados a unha película mediante técnicas de renderizado. Esta famosa rexión de formación estelar, normalmente vista a 1 500 anos luz, está modelada dixitalmente empregando os datos no infravermello do Telescopio Espacial Spitzer. A perspectiva móvese ao longo dun val de 1 ano luz de anchura, ao longo da parede da xigantesca nube molecular. O val de Orión remata nunha cavidade formada polos ventos enerxéticos e a radiación das estrelas masivas centrais do Cúmulo do Trapecio. Toda a Nebulosa de Orión abrangue uns 40 anos luz e atópase no mesmo brazo espiral da nosa galaxia onde está o Sol.