Categorías
Uncategorized

Saturno e seis lúas

Crédito da imaxe e Copyright: Mohammad RanjbaranMR Agradecementos: Amir Ehteshami

Explicación: cantas lúas ten Saturno? Polo de agora coñécense 82, sendo a menor de todas de tan só unha fracción dun quilómetro. Seis dos seus satélites de maior tamaño poden verse nesta composición de 13 imaxes de corta exposición do brillante planeta e 13 exposicións longas das máis brillantes das súas febles lúas, todas elas tomadas ao longo de dúas semanas o mes pasado. Maior que a Lúa da Terra e incluso maior que o planeta Mercurio, Titán, a lúa máis grande de Saturno ten un diámetro duns 5 150 quilómetros e capturouse nesta imaxe completando case unha órbita ao redor do planeta dos aneis. O primeiro satélite natural coñecido de Saturno, Titán, foi descuberto en 1655 polo astrónomo neerlandés Christiaan Huygens, en contraste coas moitas lúas descubertas recentemente en 2019. O ronsel do extremo dereito pertence a Xapeto, a terceira maior lúa de Saturno. O radio da órbita de Xapeto é tan grande que só un anaco da órbita é capturada na imaxe. Saturno vai por diante de Xúpiter ao través do ceo nocturno deste mes, aparecendo xusto despois do solpor cara o surleste e permanecendo visible ata o amencer.