
Explicación: Non podes camiñar ó longo da Vía Láctea. Pero, baixo un ceo oscuro podes explorala. Para o ollo, a pálida traza luminosa que atravesa o ceo nunha noite escura sin Lúa semella ser un camiño a través dos ceos. A brillante banda celeste é a brillante e colectiva luz de distantes estrelas cortada por franxas de escuras nubes de po interestelar. Atópase ó longo de plano do fogar da nosa galaxia, chamada así por qué semella unha vía láctea. Dende os tempos de Galileo, a Vía Láctea revelouse ós observadores do ceo con telescopios como unha congregación de inumerables estrelas e maravillas cósmicas.