Categorías
Uncategorized

AR2835: illas na fotosfera

Créditos da imaxe e Copyright: Michael Teoh, Heng Ee Observatory, Penang, Malaysia

Explicación: surmexida nun mar de plasma incandescente e ancoradas en campos magnéticos, as manchas solares son illas escuras do tamaño de planetas na fotosfera solar, a brillante superficie do Sol. Atopadas nas rexións solares activas, as manchas solares semellan escuras só porque son lixeiramente máis frías, cunhas temperaturas duns 4.000 kelvins comparadas cos 6.000 kelvins dos arredores da superfice solar. Este grupo de manchas solares atópase na rexión activa AR2835. A rexión activa máis grande que cruza agora o Sol, AR2835 está capturada neste primeiro plano telescópico do 1 de xullo nun campo de visión que se espalla uns 150.000 quilómetros ou máis de dez veces o diámetro da Terra. Con poderosos campos magnéticos, as rexións solares activas  son a cotío responsables das erupcións solares e das execcións de masa coroal, tormentas que afectan ó clima espacial preto do planeta Terra.