Categorías
Uncategorized

Cornos do demo dende un anel de lume

Créditos da imaxet & Copyright: Madhup Rathi

Explicación: A refracción atmosférica aplanou o disco solar e distorsionou a súa apariencia nesta vista telescópica dun mencer sobre o Atlántico o 10 de xuño. Dende Belmar, New Jersey na costa este dos Estados Unidos, a escena rexistrouse na Lúa Nova durante o eclipse solar anular desta tempada. A silueta parcial da Lúa dalle ó Sol nacente a súa forma crecente recordando algúns dos cornos do demo (ou quizais unha canoa voladora…). Pero na súa fase anular completa, este Sol eclipasado semellou un anel de lume nos ceos. O eclipse anular de xuño seguiu nos talóns ó eclipse lunar total da Lúa Chea de fináis de maio. Por suposto, o eclipse total lunar foi dun dramático vermello eclipse de Lúa de Sangue.