Categorías
Uncategorized

Zhurong: un novo rover en Marte

Crédito da imaxe: China National Space Administration

Explicación: hai un novo rover en Marte. A mediados de maio, a misión chinesa Tianwen-1 enviou o rover Zhurong á superficie do planeta vermello. Como Marte significa Planeta de Lume en chinés, o nome do rover Zhurong significa algo semellante ao Deus do Lume na mitoloxía chinesa. Zhurong aterrou ao norte de Utopia Planitia, a maior chaira de impacto coñecida no Sistema Solar, unha rexión coñecida pola gran cantidade de xeo subterráneo. Entre os instrumentos científicos que leva Zhurong inclúese un radar con capacidade de penetrar o chan que pode detectar o xeo ata 100 metros de profundidade. Zhurong, do tamaño dun coche, aparece retratado nesta imaxe xunto á súa plataforma de aterraxe. A imaxe foi tomada por unha cámara remota desplegada polo propio rover. A misión de Zhurong planeada para 90 días inclúe estudos da xeoloxía, solos e atmosfera de Marte en Utopia Planitia.