Categorías
Uncategorized

Voo pola eclipse

Créditos da imaxe e Copyright: Zev Hoover, Christian Lockwood, and Zoe Chakoian

Explicación: O 10 de Xuño unha Lúa Nova pasou fronte do Sol. En silueta só dous días despois de alcanzar o apoxeo, o punto máis distante na súa órbita elíptica, o pequeno tamaño aparente da Lúa axudou a crear unha eclipse anular solar. A breve pero espectacular fase da eclipse amosa un brillante disco solar coma un anel de lume cando se observa ó longo do estreito camiño da súa sombra cara o norte a través do planeta Terra. Os ceos anubrados de primeiras horas da mañá ó longo da costa leste dos Estados Unidos ofreceron marabillosas vistas dun Sol parcialmente eclipsado. O Sol e a Lúa, saíndo xuntos, captúranse nunha secuencia consecutiva de fotogramas preto do máximo da eclipse nesta composición dixital, vista dende Quincy Beach, ao sur de Boston, Massachusetts. A secuencia con serendipia  segue o camiño ondulante dun paxaro en voo uníndose coa Lúa silueteada co Sol nacente.