Categorías
Uncategorized

A coroa dunha eclipse lunar total

Crédito da imaxe e Copyright: Helmut Eder

Explicación: esta Lúa semella moi estraña. Esta Lúa foi unha Lúa chea especial chamada Lúa de Flores nesta época do ano. Pero esto non é o que a convirte en estraña, a Lúa chea ocorre unha vez ao mes. Esta Lúa foi unha superlúa, o que significa que acadou a súa fase chea próxima ao seu punto de máximo achegamento á Terra na súa órbita lixeiramente elíptica, esto fai que sexa nomeada Superlúa de Flores. Ademáis, durante esta Lúa chea aconteceu unha eclipse lunar total. Unha eclipse lunar pode parecer bastante estraña, lixeiramente escura, irregularmente iluminada e frecuentemente vermella, ás veces chamada vermello sangue. Polo tanto esta Lúa podería chamarse Superlúa de Flores de Sangue. Esta Lúa foi vista a través dunha fina capa de nubes que xeraron unha feble coroa ao redor dela, facendo que non só se vexa máis estraña se non máis colorida tamén. A imaxe foi tomada con tal profundidade que o corazón da Vía Láctea é visible no fondo abaixo á dereita. Esta Lúa, a súa sombra, a galaxia e as cores capturáronse o mes pasado preto de Cassilis, Nova Gales do Sur, Australia nunha soa toma. (Combinada máis tarde con dúas imaxes adicionais que capturaban mellor a Vía Láctea).