Categorías
Uncategorized

Unha eclipse de Sol distorsionada

Créditos da imaxe e Copyright: Elias Chasiotis

Explicación: Si, pero viches algunha vez un solpor coma este? Aquí, despois da nubosidade inicial, o Sol semellla saír en dous anacos durante a eclipse parcial, facendo que o fotógrafo o describise coma o mencer máis impresionante da súa vida. O escuro círculo preto da parte superior do Sol avermellado polo atmosfera é a Lúa — pero tamén o é o pico oscuro xusto por debaixo. Isto é así porque ó longo do camiño, a atmosfera da Terra tivo unha capa de inversión dun aire inusualmente quente que actuou como unha xigantesca lente e creou a segunda imaxe. Nun mencer ou solpor normal, este raro fenómeno da óptica atmosférica coñécese como efecto de xarrón etrusco. A imaxe destacada tomouse en decembro de 2019 dende Al WakrahQatar. Algúns observadores nunha estreita franxa da Terra cara o leste foron quen de ver unha eclise solar anular completa — onde a Lúa aparece completamente arrodeada polo Sol de fondo nun anel de lume. A seguinte eclipse solar, tamén unha eclipse anular para os observadores correctamente situados, acontecerá dentro dunha semana durante o 10 de xuño.