Categorías
Uncategorized

Lúa monstruosa de sangue

Créditos da imaxe e Copyright: Chirag Upreti

Explicación: O 26 de maio, a Lua Chea das Flores capturouse nesta exposición única tal e coma emerxeu da sombra da Terra e o crepúsculo da mañán comezou a bañar o ceo do oeste. Preto do horizonte ó final da totalidade, o disco lunar eclipsado enmárcase contra os carballos espidos do Parque Nacional Pinnacles no centro de California. Non obstante, a sombra da Terra non é completamente oscura. Lixeiramente impregnada coa luz solar dispersada pola atmósfera, a sombra interior dalle á Lúa totalmente eclipsada unha apariencia avermellada e o dramático apelativo popular de Lúa de Sangue. Pero o monstruoso rostro dunha árbore nudosa en silueta fixo que esta vista que esta vista do eclipse total lunar aínda máis aterradora.