Categorías
Uncategorized

Millóns de estrelas en Omega Centauri

Créditos da imaxe e Copyright: Ignacio Diaz Bobillo

Explicación: o cúmulo globular Omega Centauri, tamén coñecido como NGC 5139 atópase a uns 15 000 anos luz. Este cúmulo contén case 10 millóns de estrelas moito máis vellas co Sol nun volumen de 150 anos luz de diámetro. Trátase do maior e máis brillante dos case 200 cúmulos globulares coñecidos ubicados no halo da Vía Láctea. Aínda que moitos dos cúmulos estelares consisten en estrelas coa mesma idade e composición, o enigmático cúmulo Omega Cen exhibe a presencia de diferentes poboacións estelares que abranguen diferentes idades e composicións. De feito, Omega Cen podería ser o remanente do núcleo dunha pequena galaxia que se fusionou coa Vía Láctea. As estrelas xigantes vermellas de Omega Centauri (cun ton amarelento) son fácilmente distinguíbeis nesta nítida imaxe telescópica en cor.