Categorías
Uncategorized

O centro galáctico en estrelas, gas e magnetismo

Crédito da imaxe: Raios X: NASA/CXC/UMass/Q.D. Wang; Radio: NRF/SARAO/MeerKAT

Explicación: que está sucedendo preto do centro da nosa galaxia? Para entendelo, compúxose unha nova imaxe panorámica que explora as rexións xusto enriba e debaixo do plano galáctico en radio e raios X. Os raios X foron capturados polo observatorio orbital Chandra e amósanse en naranxa (quente), verde (máis quente) e violeta (máxima temperatura) e superpóñense coas imaxes de gran detalle obtidas en ondas de radio pola matriz MeerKAT e amósanse de cor gris nas imaxes. As interaccións son complexas e numerosas. Bestias galácticas coma remanentes de supernovas en expansión, ventos quentes provintes de estrelas recén formadas, estraños e inusuais campos magnéticos en colisión e o buraco negro supermasivo central comparten un espazo de tan só 1000 anos luz. Estreitas liñas brillantes aparecen como resultado de novos e retortos campos magnéticos nas rexións de conexión, creando un tipo de clima espacial galáctico moi enerxético con algunha similitude ao xerado polo Sol. Máis observacións e estudos non só aclararán a historia e evolución da nosa galaxia se non de todas as galaxias.