Categorías
Uncategorized

Satélites sobre Orión

Crédito da imaxe: Amir H. Abolfath

Explicación:  que son esas raias que atravesan Orión? Trátanse das reflexión da luz do Sol nos numerosos satélites que orbitan á Terra. Observados a simple vista como unha sucesión de puntos de luz movéndose a través do ceo nocturno, o número crecente de satélites de comunicacións, incluíndo os satélites Starlink de SpaceX causan preocupación entre os astrónomos. No lado positivo, Starlink e constelacións similares fan o ceo despois do solpor máis dinámico, as comunicacións por satélite globais máis rápidas e axudan a provir servizos dixitais a áreas rurais actualmente sen servizo. No lado negativo, os satélites en órbita baixa terrestre complican algunhas observacións astronómicas profundas, en particular aqueles programas de observación que precisan facer imaxes xusto antes do amencer e do solpor. As constelacións de satélites planeadas para o futuro en órbitas máis altas poderían ter impacto en investigacións do universo profundo planeadas para os grandes observatorios baseados en terra en calquera momento durante a noite. As raias atravesando Orión non son de Starlink se non de satélites en órbita xeosíncrona. A imaxe amosada, tomada en decembro de 2019, trátase dunha combinación de 65 exposicións de 3 minutos e algunhas imaxes feitas para destacar a Nebulosa de Orión.