Categorías
Uncategorized

As nubes expandíndose de AG Car

Crédito da imaxe: NASAESASTScI; Procesado: Judy Schmidt; Texto: Anders Nyholm

Explicación: que creou estas nubes tan extraordinarias? No centro desta imaxe do Hubble de 2021 atópase AG Carinae, unha estrela superxigante localizada a uns 20 000 anos luz na constelación austral de Carina. A enerxía emitida pola estrela é máis dun millón de veces a do Sol, facendo de AG Carinae unha das estrelas máis luminosas na nosa Vía Láctea. AG Carinae e a súa veciña Eta Carinae pertencen ao escaso grupo de estrelas da clase de Azuis Luminosas Variables (LBV), coñecidas polas súas estrañas pero violentas erupcións. A nebulosa que envolve AG Car interprétase como o remanente dun ou máis desdes estalidos. Esta nebulosa abrangue uns 5 anos luz e estímase que contén unhas 10 masas solares en gas e polo menos tería 10 000 anos de antigüidade. Esta imaxe do Hubble, tomada como celebración do 31 aniversario do seu lanzamento é a primeira imaxe capturada da nebulosa enteira e ofrece unha nova perspectiva da súa estructura e contido de po. As LBV representan unha tardía pero corta etapa das vidas de algunhas estrelas superxigantes, pero explicar o seu comportamento é un desafio para o entendemento da humanidade de como funcionan as estrelas masivas.

Categorías
Uncategorized

A Lúa durante unha eclipse lunar total

Crédito do video: Wang Letian e Zhang Jiajie

Explicación: como cambia a apariencia da Lúa durante un eclipse lunar total? Este video time-lapse procesouse dixitalmente para manter o brillo da Lúa e centrala durante a eclipse de 5 horas do 31 de xaneiro de 2018. No primeiro momento a Lúa chea é visible por que só nunha Lúa chea pode acontencer unha eclipse lunar. As estrelas móvense no fondo por que a Lúa orbita á Terra durante a eclipse. Nese momento, a sombra circular da Terra aparece movéndose a través da Lúa. O ton azulado da luz no borde da sombra está relacionado co ceo azul da Terra mentres que o ton vermello do centro da sombra está relacionado con por que o Sol vese vermello cando está próximo ao horizonte. Mañá, a xente que vive no sudeste asiático, no Pacífico e no suroeste de América teñen a posibilidade de ver unha Superlúa de Sangue, unha eclipse lunar total. Aquí o término sangue refírese á cor (probablemente) da Lúa completamente eclipsada, mentres que o termo superlúa indica que a Lúa terá un tamaño angular lixeiramente superior debido á súa relativa proximidade á Terra durante a súa órbita lixeiramente elíptica.  

Categorías
Uncategorized

Eclipse de lóstregos dende o Planeta das Cabras

Créditos da imaxe e Copyright: Chris Kotsiopoulos (GreekSky)

Explicación: As tormentas eléctricas casi estragaron esta vista do espectacular eclipse de lúa total do 15 de xuño do 2011. En cambio, as nubes de tormenta apartáronse 10 minutos durante a fase total do eclipse e os lóstregos contribuiron ó dramático ceo. Capturada nunha expsición de 30 segundos a escea tamén inspirou un dos mais memorables títulos (gracias ó astrofotógrafo) nos 25 anos de historia ata o de agora do APOD. Por suposto, a referencia ó lóstrego claramente ten sentido, e o xogo de sombras do oscuro eclipse lunar foi amplamente visible ó longo do planeta Terra en Europa, África, Asia e Australia. A imaxe por sí mesma, así e todo, fíxose dende a illa grega de Ikaria, en Pezi. Esa área é coñecida coma “o planeta das cabras” polo escarpado terreo e as rochas de aspecto extraño. O seguinte eclipse lunar total acontecerá o mércores.

Categorías
Uncategorized

A Árbore da Galaxia

Créditos da Imaxe e Copyright: César Vega Toledano ; Anotación: Judy Schmidt

Explicación: Primeiro viñeron as árbores. Na cidade de SalamancaEspaña, o fotógrafo decatouse da forma distintiva dun bosque de carballos despois de ser podados. Despois chegou a galaxia. O fotógrafo permaneceu esperto ata as 2:00, esperando ata que a Vía Láctea se elevou por riva do nivel dun maxestuoso carballos. Dende esta cuidadosamente perspectiva elexida, as liñas de po da galaxia semella ser a continuación natural das ramas da árbore. Por último chegou a luz. Empregouse un flash no outro lado da árbore para proxectar a súa silueta. Por casualidade, outras árbores tamén aparecen como siluetas similares ól longo do relativamente brillante horizonte. A imaxe destacada tomouse coma unha única exposición de 20 segundos no ano 2015 e procesouse dixitalmente para resaltar a Vía Láctea.

Categorías
Uncategorized

Cadea de Markarian

Créditos da imaxe e CopyrightGinge Anvik

Explicación: Preto do corazón do Cúmulo de Galaxias de Virgo a cadea de galaxias coñecida como Cadea de Markarian exteéndse ó longo desde campo de vista telescópico profundo. Anclado no marco na parte inferior central por prominentes galaxias lenticulares, M84 (abaixo) e M86, podes seguir a cadea cara arriba e á dereita. Preto do centro vese o par de galaxias que interactúan, NGC 4438 e NGC 4435, coñecidas por algúns como os ollos de Markarian. Estímase que o seu centro se atopa a 50 millóns de anos luz de distancia, o cúmulo de Virgo por sí mesmo é o cúmulo de galaxias máis próximo. Con ata uns 2.000 galaxias membros, ten unha notable influencia gavitacional sobre o noso Grupo Local de Galaxias. Dentro do Cúmulo de Virgo polo menos sete galaxias da Cadea de Markarian semellan overse de manera coherente, aínda que outras poden semellar ser parte da cadea por casualidade.