Categorías
Uncategorized

Mimas: unha pequena lúa cun gran cráter

Créditos da imaxe e Copyright: NASAJPL-CaltechSpace Science InstituteCassini

Explicación: Sexa o que sexa o que golpeou a Mimas estivo a piques de destruila. O que permaneceu é un dos máis grandes crácteres de impacto sobre unha das lúas máis pequenas de SaturnoO analisis indica que un impacto lixeiramente máis grande destruiría totalmente Mimas. O enorme cráter, denominado Herschel en honor ó descubridor en 1789 de Mimas, Sir William Herschel, abrangue uns 130 quilómetros e está destacado aquí. A baixa masa de Mimas produce unha gravidade superficial o suficientemente forte para crear un corpo esférico pero o suficientemente débil como para permitir características superficiáis grandes. Mimas está constituida principalmente de xeo de auga cun pouco de rocha – polo que se describe precisamente coma unha gran bola de neve suxa. A imaxe destacada tomouse durante o sobrevoo máis próximo feito pola sonda espacial Cassini máis aló de Mimas en 2010 mentres que estba en órbita arredor de Saturno.